A nosa achega á educación infantil

Escolas de emigración

In InformArte on 30/09/2010 at 22:12

O Consello da Cultura Galega, vén de publicar un proxecto do Arquivo da Emigración Galega, coa finalidade de recuperar o legado educativo da emigración.

“A saída cara a América de milleiros e milleiros de galegos, moitas veces con carácter definitivo, provocou en numerosos casos un profundo sentimento de compromiso e solidariedade coa súa terra de orixe, non só no plano familiar, mais tamén coa veciñanza.

Un dos destinos destas remesas, o que deixou maior pegada no desenvolvemento da sociedade e da cultura galegas, concretouse na esfera educativa. Tivo como beneficiarios directos os seus veciños, xa que contribuíron a configurar a primeira rede escolar galega.”

A través dunha páxina web pódese consultar un compilación de todas as escolas organizadas por concello, comarcas, provincias ou promotores.

A máis, en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, organizarase unha exposición itinerante sobre estas escolas, legado dos “americanos”,  instrumento de transformación e modernización social dunha Galicia rural.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: