A nosa achega á educación infantil

Competencias profesionais

In ActualizArte on 16/09/2010 at 23:00

A pasada fin de semana, lemos no suplemento dun xornal, un artigo titulado ¿Por qué Julia es una maestra 10?. Julia Resina, unha mestra que nunca sufriu acoso escolar nin estrés, vista por 36 dos seus alumnos e alumnas de 5 promocións diferentes. A dobre páxina unha fotografía de todos eles cos seus comentarios, entre os que destacamos:

“Siempre ha estado comprometida con la educación y lo transmitía.” “Se preocupaba de que cada alumno avanzara en su educación y en su felicidad.” “Lo que hace especial a Julia es que enseñaba desde el cariño y de manera igualitaria” “Te daba motivos para que estudiases.”

Á vista destes comentarios pensei, tantas investigacións sobre cales deben ser as competencias profesionais do profesorado, tanto debate, e velaí van; tan só cómpre preguntarlle a alguén a cantos profesores recorda e por que motivo; na meirande parte dos casos son coincidentes, e redúcense aos xa expostos no artigo.

Aínda así, e por ser un pouco máis sistemática; fai tempo lemos o libro “Diez nuevas competencias para enseñar”, do sociólogo Philippe Perrenoud, publicado en Graó no 2004, que é todo un referente. Recolle en 10 puntos os grupos de competencias que debe reunir un bo profesional do ensino:

1. Organizar e animar situacións de aprendizaxe.
2. Xestionar a progresión das aprendizaxes.
3. Elaborar e facer evolucionar dispositivos de diferenciación.
4. Implicar ao alumnado na súa aprendizaxe e no seu traballo.
5. Traballar en equipo.
6. Participar na xestión da escola.
7. Informar e implicar ás familias.
8. Empregar as novas tecnoloxías.
9. Afrontar os deberes e os dilemas éticos da profesión.
10. Organizar a súa formación continua.

O mesmo Perrenoud, sintetízaas na cita que segue: “Decidir en la incertidumbre y actuar en la urgencia es una forma de caracterizar la experiencia de los profesores, que realizan una de las tres profesiones que Freud llamaba imposibles, porque el alumno se resiste al saber y a la responsabilidad”. Pódense ler partes dalgún capítulo, na ligazón da editora.

Os comentarios dos ex alumnos e alumnas, tamén me fixeron recordar os que teño escoitado dunha mestra galega, nunca suficientemente recoñecida, Antía Cal, fundadora do Colexio Rosalía Castro de Vigo, cuns principios educativos, aínda “modernos” e avanzados para os tempos actuais. Grande amiga e compañeira de Marta Mata desde os tempos nos que asistía ás Escolas de Verán de Rosa Sensat. Como xa fixéramos no seu momento, recomendamos a lectura do libro “Este camiño que fixemos xuntos” – no que Antía Cal, narra a súa vida-, a todas aquelas persoas interesadas na renovación pedagóxica e no compromiso coa mellora do ensino en Galicia. Facilitamos, tamén, acceso a un artigo sobre ela, publicado na revista EDUGA nº 50.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: