A nosa achega á educación infantil

Círculos concéntricos

In InformArte on 12/09/2010 at 23:00

A última conferencia plenaria do 32º Congreso IBBY foi impartida hoxe polo coñecido poeta, escritor e membro da RAG, Manolo Rivas – el sempre se define como un “contrabandista de xéneros”, pois seica que cando escribe un poema quere contar unha historia, e cando fai un conto quere que se poida ler como un poema longo. O ton da conferencia foi totalmente distinto a todas as demais. Coa singularidade e lirismo que o caracteriza, ao longo dunha hora foi debullando e tecendo recordos da súa infancia cunha erudición sobre o tema obxecto da súa intervención “A literatura de insurxencia”.

Carente de todo tipo de artificio tecnolóxico, amosou a unha audiencia internacional un debuxo feito por el mesmo similar aos motivos de círculos concéntricos que se atopan en moitos dos petroglifos galegos, a primeira escrita galega, feita con sílex gravando o “texto” sobre a pedra; os primeiros graffitis atlánticos. Unha escrita indeleble, ao igual que a escrita na lingua, a escrita no aire, a tradición oral, que permanece na cultura grazas ao paso de lingua en lingua. O primeiro e central círculo das composicións concéntricas dos petroglifos, segundo o paralelismo que el estableceu coa literatura.

Botando man dos “efectos especiais” que traía nunha pequena maleta, e que nos remitían a moitas das súas obras e máis a esa sabedoría popular galega –bola do mundo, minilibro, cunchas de vieira-, Rivas foi centrando a súa disertación no conto como insurxencia dentro da literatura. Insurxencia entendida como o que se alza, o que se levanta, e sobre todo, como un erguerse, un espertar…, as palabras en pé. A LIX ten ese carácter insurxente, anovador, tanto nas formas coma nos contidos.

Reivindicou a necesidade do conto; analizou as súas funcións; mencionou a morfoloxía dos contos de Vladímir Propp, a condensación que delas fixo Gianni Rodari, e que el mesmo reduce a “tres”: os afectos e o medo ao abandono.

Vencellou o lema do congreso “A forza das minorías” cunha cita do poeta portugués Miguel Torga, “O universal é o local sin paredes”.

Ao noso entender, conferencia de Manolo Rivas foi coma escoitar un conto; de seguro que cadaquén fixo a súa propia lectura e interpretación; non seremos quen de recordar a trama, só algúns detalles, pero quedámonos cos valores apuntados.

Grazas a quen tan ben soubo retratar a un bo mestre, a anguria dun alumno novo na escola e o pracer de aprender, no seu relato “A lingua das bolboretas”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: