A nosa achega á educación infantil

Día Internacional da Alfabetización

In AlfabetizArte on 08/09/2010 at 00:01

O 8 de setembro de cada ano celébrase o Día Internacional da Alfabetización, declarado como tal polas Nacións Unidas e a UNESCO co obxecto de espertar a conciencia internacional e xerar un compromiso en materia de educación e desenvolvemento. É un recoñecemento de que a alfabetización e a educación son os alicerces de todas as sociedades. As persoas que saben ler e escribir están capacitadas para entender e elixir o seu destino.

O concepto de analfabetismo e de persoa analfabeta varía en función das distintas culturas, e na actualidade significa moito máis ca ser competentes en lectura e escritura, hai outras moitas linguaxes que precisan ser entendidas, comprendidas e empregadas polos individuos. A definición de analfabetismo establecido pola UNESCO, cremos que a día de hoxe debe ser ampliado, pois implica moito máis ca ler ou escribir unha frase breve sobre a súa vida cotiá. Xa o dicía Paulo Freire: “A alfabetización é máis, moito máis que ler e escribir. É a habilidade de ler o mundo, é a habilidade de continuar aprendendo e é a chave da porta do coñecemento.”

Na actualidade unha de cada seis persoas é analfabeta; e no primeiro mundo, cunhas elevadísimas taxas de escolarización da poboación, increméntase ano a ano o número de analfabetos funcionais, con todo o risco de exclusión social que isto conleva.

O día 8, tamén, arranca en Santiago o 32 Congreso do IBBY. Como xa anunciáramos contará coa presenza de Emilia Ferreiro, unha autoridade a nivel internacional canto á alfabetización e adquisición da lingua escrita, que non se cansa de recordar que “a alfabetización non é un luxo nin unha obriga: é un dereito de todas as persoas”, así o podemos ver nun artigo titulado “Leer y escribir en un mundo cambiante” ou en “Diversidad y proceso de alfabetización: de la celebración a la toma de conciencia”. Aproveitando a súa estancia en España, onte mantivo un encontro con responsables educativos no Centro Virtual Leer.es. No blog podemos atopar algunha das súas reflexións sobre os problemas da alfabetización na era dixital,  así como unha ligazón á súa publicación referencial “Los sistemas de escritura en el desarrollo del niño”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: