A nosa achega á educación infantil

Pucho o habitador dos tellados

In ContArte on 21/06/2010 at 00:02

Aos da mesa muda dábanlles uns cadernos para facer a “plana”. Consistía en reparar no que se debuxara na parte superior de cada páxina e reproducilo debaixo doce veces con toda a exactitude, sobre unhas liñas moi finas de cor gris claro. Pucho tentouno con todas as súas forzas; tentouno porque a primeira liña significaba o perfecto, a orde, a limpeza, a simetría. O neno miraba aquela primeira liña e comprendía a beleza, pero o que xurdía do seu esforzo e absolutamente contrario: o caos, a desproporción, o esborranchamento. Fracasou cos traciños. Ou xuntábanselles uns cos outros ou quedaban espazos inmensos entre eles e non había maneira de que se mantivesen aliñados sobre o trazado gris. Algúns mesmo chegaban á liña superior; dous ou tres atrevíanse a profanar a impecable mostra do encabezamento. Cos redondeis foi moito peor: cando cría que estaba obtendo un xiro perfecto, un encontro milimétrico de principio a fin de círculo, xurdían monstros cabezóns coa boca aberta, patacas xigantes que enchían a plana e ata a sobardaban. A pesar diso, a escola era un lugar perfecto.

Non é máis ca unha anécdota, pero para pensar un pouco nos exercicios de grafomotricidade que a día de hoxe aínda se seguen vendendo como material en moitas editoras, e para máis desgraza, que é seleccionado por moitos docentes, aparentemente normais.

Este é un fragmento do inicio do libro de Manuel Janeiro, “Pucho, o habitador de tellados”, publicado en Kalandraka, seleccionado polo IBBY para integrar a súa Lista de Honra.

Na súa presentación editorial di: “No ano 1951 ou 52 ou 53, como moito en 1956, vivía en Madrid unha familia composta por un pai e un fillo. Vivían nun barrio que miraba ao oeste, nunha rúa que se chamaba Mediodía Grande. A súa casa era o derradeiro piso… Ata o horizonte, ata no solpor, ata nas mesmas nubes, había tellados.

-Ves Pucho, cantos tellados? Seica é o campo -dicía o pai cando saían…

Un libro especial, para todos/as. Un libro para sempre…

Manuel Janeiro crea un texto delicioso e entrañable, con descripcións precisas e evocadoras. Paisaxes, emoción sentimentos e situacións xurden na imaxinación do lector grazas sensibilidade coa que o autor desgrana a vida do protagonista, víctima dun dos episodios -a dictadura- máis desgarradores da nosa historia.

As ilustracións de Juan Ramón Alonso transpórtannos ao Madrid dos anos 50 e preséntannos a Pucho risoño e inocente. O artista combina os seus debuxos a lapis con fotografías reais dos espazos nos que se ambienta a historia. O resultado é un traballo creativo sinxelo e elegante, en consonancia coa calidade da obra literaria.”

É a nosa recomendación de lectura para o verán…, ou para calquera momento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: