A nosa achega á educación infantil

Saramago

In ContArte on 18/06/2010 at 18:55

Chéganos a triste nova do pasamento do escritor luso José Saramago, premio Nobel de Literatura. A modo de recordo e homenaxe, recollemos parte dunha entrada deste blog, na que mencionábamos a súa obra “La flor más grande del mundo”:

Moitos dos grandes da literatura teñen feito as súas incursións no mundo infantil, malia que en palabras de José Saramago, no seu conto “La flor más grande del mundo”, é moi difícil escribir historias para nenos porque hai que seleccionar moi ben a linguaxe que se emprega e o que se quere contar. No mesmo, remata dicindo, “E se os contos infantís forem de leitura obrigatórias para adultos? Seríamos realmente capaces de aprender o que, desde há muito tempo vimos ensinando?”. Deste fermoso conto, a produtora galega Continental fixo un vídeo de animación que se acompaña con música de Emilio Aragón.

No seu blog, recompilación de entrevistas, declaracións e pequenos fragmentos, lemos as súas reflexións sobre, coidar a infancia, educación e instrución, escribir e ler para comprender, do autobiográfico en todo o que dicimos e facemos, a inocencia perdida, e moitas outras, a modo de pequenas pílulas revulsivas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: