A nosa achega á educación infantil

Xemelgos, xuntos ou separados?

In InformArte on 15/06/2010 at 21:34

Arestora, no momento de distribución dos novos grupos de alumnado de 3 anos, hai un debate en moitos claustros: no caso de irmáns xemelgos, sepáranse ou permítese que estean xuntos na aula? Hai tantos argumentos a favor como en contra; nós mesmas, non somos de igual opinión. Non hai máis que introducir esta pregunta nun buscador de internet e aparece a cuestión en ducias de foros e espazos web.

Recollemos a postura da Asociación de Padres de Partos Múltiples de Madrid (AMAPAMU) que consideran que os primeiros anos de escolarización, antes dos tres anos, é mellor que vaian xuntos; segundo eles “separalos da nai xa é suficiente reto como para separalos tamén do irmán/á. Non obstante, se un é moi dominante e arrastra ao outro, pode ser unha vantaxe separalos, así cada un pode desenvolver a súa propia forza e ser un mesmo.” Puntualizan que o idóneo é que se decida en cada caso, segundo as necesidades dos irmáns.

Continúan cunhas recomendacións para o profesorado, no caso de que compartan aula. Así mesmo, observan que nos caso de que se separen, os proxenitores deben ter en conta que os docentes, a metodoloxía, a avaliación, etc., serán diferentes, polo que se debe evitar a comparanza. Optando por esta modalidade os titores/as manterán unha estreita coordinación, sobre todo para non saturar aos pais con encomendas distintas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: