O peso dos nomes

No nº 53 de Aula de Infantil, lemos unha experiencia realizada na Escuela Infantil Cigüeña María de Madrid, que levaba por título “Las piedras: el peso del nombre”. Consistía en que para que os nenos se foran decatando de que hai nomes máis longos ca outros, con máis letras, decidiron visibilizalo asociándoo ao peso dunhas pedras onde os gravaron; a máis letras, pedras máis pesadas; menos letras, as pedras máis liviáns. Gustounos moito, e decidimos facelo na aula de tres anos. Primeiro unha clasificación dos nomes, en función do número de letras -4, 5, 6 ou 7- e logo clasificación das pedras. Finalmente adxudicación das pedras a cada nome. O que posteriormente se pode facer con estas pedras, deixámolo ao criterio de cadaquén. Posibilidades, moitas.

O traballo co nome propio e co dos compañeiros é unha maneira de introducilos na lectura e escritura con sentido. Pero os nomes dan moito xogo. Queremos propoñer darlle a coñecer a orixe do seu sinal de identidade. Facilitamos a ligazón ao web Significado de los nombres, onde podemos atopar o de cada neno e nena de entre os 25.000 que recompilan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s