O ioga é unha técnica oriental cuxa práctica é moi beneficiosa para a saúde, xa que axuda a relaxarse e liberar a tensión, favorecendo o control do corpo. Xeralmente é practicada por persoas adultas, pero tamén se están a comprobar as vantaxes da realización de certos exercicios polos nenos e polas nenas.
Practicar o ioga, como se dun xogo se tratara, pode axudar aos pequenos a tranquilizarse cando están inquedos; a aumentar a súa capacidade de atención e de receptividade, e a diminuír a súa agresividade. Está comprobado que o ioga facilítalles a respiración profunda e a arte de relaxarse.
Nós non somos grandes coñecedoras das posturas do ioga, nin o pretendemos, tan só, o realizamos como un xogo, como unha actividade máis, sen forzalos a repetir os exercicios unha e outra vez, xa que isto pode ser ben aburrido.
Empregamos este divertido vídeo para introducilos nesta práctica milenaria. Supoñemos que ninguén se preguntará por que a estas alturas do curso falamos de técnicas de relaxación.