A nosa achega á educación infantil

Cultura castrexa

In CativArte on 09/06/2010 at 22:32

Unha vez introducíamos ao noso alumnado nas formas de vida dos realizadores dos petroglifos, o seguinte paso era unha iniciación á cultura castrexa. Para nós, cuestión doada. Na outra marxe da ría de Muros-Noia, case enfronte, en Porto do Son, está o Castro de Baroña, punto de visita de moitos escolares e de moitas familias. Conta cun centro de interpretación.

Case sempre, os iniciamos a través dos contos de Pepe Carreiro, tanto “Os castrexos” publicado en A Nosa Terra, como “Os pequenos barbanzóns”, en Toxosoutos, foron o noso punto de partida. Os dous están baseados no Castro de Baroña, polo que é moi doado ver a correspondencia.

Para completar con imaxes e información, recomendamos a visita ao web do Castro de Viladonga, onde podemos ver unha maqueta da reconstrución do poboado, elementos da vida común, adobíos e xoias, así como materiais diversos da Cultura Castrexa e Galaico-Romana.

En Flocos TV, atopamos unha recreación virtual do Castro de Elviña, unha curta de animación do Castro de Viladonga e un  episodio piloto da serie de animación ambientada nun castro “O Visgo máxico” -con algunhas inexactitudes históricas, pero que serve para ambientarse.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: