Cando chega o tempo de verán e o noso alumnado vén sen calcetíns e con calzado livián -sandalias ou zapatillas-, fácil de poñer e sacar, aproveitamos para facer unha actividade que os divirte moito: maquillamos os pés.
Con maquillaxes do Entroido pintámoslle caras nun pé –no outro faranno eles por parellas-, e logo tan só lles deixamos expresarse e xogar libremente con esta parte do corpo que tan poucas veces empregamos na expresión corporal. Entre as cóxegas e a súa creatividade, a diversión está asegurada. Ás veces, tamén o facemos nas pernas.
Para ver algo moito máis elaborado, facilitamos a ligazón a varios vídeos de representacións de monicreques cos pés do Teatro dei Piedi:
-Verónica González: I – II – III – IV , entrando no seu web, pódense ver fotografías dos seus espectáculos con persoaxes de “carne e oso” galardoados internacionalmente.
Que grande! e qué envexa, os pequenos deben de pasa-lo xenial 😀