A nosa achega á educación infantil

O xardín dos sentidos

In EncienciArte on 31/05/2010 at 17:12

Hai xa algún tempo tivemos ocasión de coñecer unha experiencia de traballo que se realizara nunha escola infantil do concello del Valga, o xardín dos sentidos. Posteriormente coñecemos outras similares, pero esta recordámola especialmente. Tratábase dunha escola unitaria de dúas unidades, construción de pedra ao estilo das da provincia de Pontevedra; estaba rodeada por unha zona verde, a medio camiño entre un parque infantil e unha eira onde se xuntaban os veciños. Arredor da edificación había varias zonas de xardín, que as mestras, xunto coas familias do alumnado dividiran en cinco fermosas zonas correspondentes a cada un dos sentidos: o gusto, o olfato, o tacto, o oído, a vista. En cada unha delas plantaran especies vexetais que estimularan cada un deles. A nosa pregunta inmediata fora para coñecer que plantaran na zona do oído: campanillas, campánulas, dedaleras, etc. Era un proxecto no que se traballaba ao longo de todo o curso, coma nun xardín e coma xardineiros tiñan traballo todo o ano; non había tempo para a folgar. Acondicionar a terra, recoller a sementes, clasificalas, dividir escallos, airear os bulbos, secar as aromáticas, facer un herbolario, abonar, estacar…, e sobre todo gozar del en cada momento e en cada estación.

Polas limitacións de espazo da meirande parte dos centros esta experiencia non é transferible a esa escala, pero pódense facer outras moitas actividades que permitan poñer aos nenos en contacto co mundo das plantas, ben polo cultivo en macetas, ou ben aproveitando esta época na que podemos achegar á aula moitas variedades vexetais que estimulen todos e cada un dos sentidos.

Facilitamos unha ligazón a imaxes dos mellores xardíns do mundo segundo a revista Forbes e máis a un curioso xardín en Francia chamado “Le jardin des cinq sens”.

Como é bastante habitual que se amosen na clase obras de Monet, facilitamos a ligazón ao web e un vídeo do xardín de Giverny, plantado polo propio artista e mailos seus fillos para que lle servira de fonte de inspiración. E moi doado que os nenos e nenas recoñezan as paisaxes que deron lugar a algúns dos máis famosos cadros de Monet.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: