A nosa achega á educación infantil

Herbas aromáticas

In EncienciArte on 31/05/2010 at 17:12

Nós, ante a imposibilidade de cultivar un xardín na escola, pedímoslle aos cativos que trouxeran plantas, follas e herbas de olor. Loureiro, anís, menta, fiúncho, romeu, tomillo, ourego, ruda, herbaluísa … Ao longo dunha semana puidemos traballar:

-As distintas sensacións que nos producen: olfativas, visuais, táctiles…

-Coñecer os seus usos na medicina, na cociña, na cosmética, na decoración, etc.

-Secamos algunhas para ver se conservan as súas propiedades. E vimos os seus usos.

-Elaboramos colonias artesanais ao estilo da auga de San Xoán.

-Observámolas e debuxámolas e mesmo pintamos coas súas follas.

-Aprendemos algúns poemas tradicionais galegos nos que se fai mención a elas. “Paxariños que voades/ polas ramas dos loureiros/ deixade durmir a/o nena/o que está no sono primeiro.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: