A nosa achega á educación infantil

O xogo

In InformArte on 25/05/2010 at 14:30

O vindeiro 28 de maio é o Día Internacional do Xogo.

“Los seres humanos somos la especie animal que más juega. Estamos hechos para jugar y nos hacemos jugando. Cuando jugamos manifestamos la expresión más pura de nuestra humanidad, la expresión más auténtica de nuestra individualidad. No es de extrañar, pues, que los momentos en que más vivos nos sentimos y que acaban convirtiéndose en nuestros mejores recuerdos sean los momentos en los que jugamos.”

Así o expón Stuart Brown, fundador do National Institute for Play de Estados Unidos, na súa recente obra “¡A jugar!”, publicada en Urano , da que nos permiten acceder ao seu primeiro capítulo.

Recollemos, tamén, un capítulo do programa Redes, no que Eduard Punset trata da importancia do xogo na infancia.

Pero, están preparados os nosos centros para permitir que vintecinco nenos e nenas colmen as súas necesidades básicas, elementais e primarias de xogo? Non estamos a falar de xogos sofisticados, nin de grandes espazos, pero unha ollada polas escolas e á vista está que quen os deseñou non cría na necesidade de xogar, ou esqueceuna. Tan só poderán desfrutar de xogos de mesa e/ou de ordenador? Uns poucos metros cadrados máis, ou outra distribución máis racional dos espazos sería moito máis barato e tería unha grande repercusión na saúde física e mental dos nenos e das nenas. Media hora nun patio de recreo con 300 criaturas de 3 a 5 anos cambiaríalle os esquemas a calquera arquitecto que queira deseñar centros educativos. Debería ser cláusula obrigatoria nas licitacións de obras.

Advertisements
  1. Totalmente dacordo; hoxe en día os pequenos empezan a xogas cas consolas e co ordenador cada vez máis cedo e pasan máis horas xogando así que cos xoguetes de sempre ou saindo a xogar con outros rapaces. E agora nos colexios están máis preocupados por informatiza-las aulas que ter un patio cuberto no que poder xogar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: