A nosa achega á educación infantil

Avós canguro

In InformArte on 24/05/2010 at 19:17

Hoxe escoitamos na radio que segundo datos de Eurostat, os rapaces españois pasan 35 horas semanais cos avós, o que nos sitúa como primeiro país europeo en coidado dos menores por parte dos avós.

Aínda botamos contas, porque a semana ten 168 horas, e si arredor de 70 as dedican a durmir, 25 na escola –nalgúns casos, sabemos que preto de 50, e 15 a ver a televisión, certamente non nos sae cantas horas pasan co pai e coa nai, a non ser que fagan algunha desas actividades con eles…

Recentemente publicouse un estudo Premio de Investigación Social de la Obra Social Caja Madrid, 2009, titulado “Doble dependencia: abuelos que cuidan nietos en España”, do que se extrae que o número de avós dedicado ao coidado de netos en España é o máis baixo de Europa, pero tamén o que lle dedica máis horas. En España, 1 de cada 4 avós, atende aos netos unha media de 7 horas diarias; en Europa é 1 de cada 3 por 5 horas. Fálase de avós canguro, outros denomínannos avós escravos. Non tería que ser un problema en si mesmo, tan só se converte niso cando non é unha opción voluntaria, ou é a única alternativa. O devandito estudo fala de “dobre dependencia” porque o colectivo de avós sería, potencialmente, perceptor de coidados, pero ao mesmo tempo é coidador doutras persoas. Extracto da obra.

Non hai máis que vir ás portas dos colexios á hora da saída e constatar o que estamos a dicir. Algo está a cambiar na realidade social cando agora os concellos na súa oferta de actividades para maiores, inclúen, xunto coa piscina e as excursións, cursos para que os avós e avoas aprendan a educar aos netos/as.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: