A nosa achega á educación infantil

Valados

In ContArte on 16/05/2010 at 09:35

Sempre insistimos na idea de este non é un blog de crítica nin de denuncia; unicamente pretendemos suscitar unha reflexión. Reflexionar sobre o noso traballo, sobre a nosa praxe, sobre os recursos que empregamos, sobre as fontes nas que bebemos, e como non, sobre a sociedade na que vivimos. Un/unha profesional da educación non pode desempeñar ben o seu traballo manténdose ao marxe da realidade social e reducíndose ao estritamente “escolar”.

Porén, no día de hoxe, Día das Letras Galegas, queremos recomendar unha publicación recente, do Premio Nacional de Literatura Infantil 2008, Agustín Fernández Paz, titulada “Valados”. En palabras do seu autor, “é un alegato contra todos os muros. Creei unha sociedade nunha vila, na que están primeiro os muros invisibles que propician a división. Estes, despois acaban cristalizando nun muro de arame e cemento. É un texto que ten a súa dureza, pero está escrito coa delicadeza posible e que deixa un asomo á esperanza.”

Pódese coñecer máis sobre a orixe da publicación e a intención do autor en dous artigos publicados no Faro de Vigo e no Xornal con motivo da súa presentación no mes de novembro.

Unha obra sobre a división social. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: