A nosa achega á educación infantil

EIM La Caracola

In ActualizArte on 29/04/2010 at 17:21

Onte tivemos ocasión de visitar a Escola Infantil 0-3 A Caracola na zona de Novo Mesoiro na Coruña. Fomos invitadas polo ASESOR de infantil do CFR da Coruña, Javier Rouco; si, con maiúsculas, porque cando tanto se anda a falar da formación do profesorado é bo que se saiba que hai grandes profesionais, que asesoran, que acompañan ao profesorado no seu proceso de medra profesional, que axudan e que abren novas vías; e iso nótase decontado, cando se ve a corenta mestras que pola súa conta e trala xornada de traballo viaxan desde distintos puntos para coñecer unha experiencia nova, cando se ve que contrastan opinións co asesor, cando se ve que comparten con el as súas inquedanzas…, non nos cabe dúbida, é un asesor respectado, é unha figura que se ve como necesaria pola súa achega á formación. Ademais tivo a xentileza de invitarnos as mestras da zona de Santiago que viaxamos a Reggio recentemente.

O motivo da visita era coñecer a escola porque a súa directora formouse nas Escolas de Reggio Emila e tratou de implantar esta filosofía neste barrio novo da Coruña. Por outra banda, tamén é unha escusa para que as do ciclo 3-6 vaiamos coñecendo o que se fai en 0-3, non vaia ser que logo nos pase coma cando os nenos van para primaria. Desde que nos recibiu, Bea, a directora insistiu en que non é unha gardería, que é unha escola infantil ao igual cas nosas. Antes de nada facilitounos un folleto que recolle una “Carta aberta ás novas familias da EIM A Caracola” de onde extractamos o seguinte:

Integra a REIM da Coruña, é un centro de inspiración reggiana e afortunadamente, a aposta arquitectónica (ten forma de bucina, de aí o seu nome) é moi semellante ás italianas con espazos abertos e diáfanos para que os nenos e as nenas non estean reducidos/recluídos nas aulas. Segundo entramos xa nos atopamos na Piazza ese espazo aberto multifuncional e que serve de distribuidor central de todo o conxunto así como de zona de xogos (recanto disfraces, xogo heurístico, etc). Contan co Atelier, ese espazo de diálogo plástico artístico no que os cativos aprecian as calidades dos materiais e interactúan con el. No centro do complexo hai un xardín interior no que se desenvolven experiencias sensoriais coa natureza; cun deseño ao estilo oriental conta cun estanque, zona de plantas aromáticas e zona de tarima de madeira para xogos. O comedor, xunto coa cociña é o espazo onde entran en contacto cos alimentos, coas súas texturas, preparacións, etc. Os menús están compostos de alimentos ecolóxicos e cunha presentación nada convencional. Neste momento todas as unidades están desenvolvendo un proxecto que lles permite coñecer a gastronomía e cultura de distintos puntos xeográficos (China, España, Italia, Marrocos…). Apostan, tamén, polo aleitamento materno, polo que se lles brinda axuda ás nais que traballan para que poidan seguir alimentando de xeito natural aos seus fillos/as.

O seu proxecto pedagóxico está contextualizado e adaptado ás características propias do lugar no que se atopa e ás das familias. Traballan en Parella Educativa, dúas educadoras con igual categoría profesional e igual compromiso co grupo. Teñen, tamén, colaboración de persoas do programa de inserción laboral de FADEMGA. Fomentan experiencias de iniciación ao inglés a través do xogo dramático e da música. Para este centro, unha das pezas fundamentais son as familias; cando chegan polas mañás, resérvase un tempo para o diálogo entre os nenos, a educadora e a familia. Complétase a carta con información sobre horarios e calendario, recordando en cada ocasión que isto non é unha gardería senón unha escola infantil 0-3.  Continúa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: