Nas páxinas 127-132 do libro “Medrando sans, de sentimento en sentimento, de emoción en emoción”, hai unha secuencia didáctica sobre o conto “Mamá, ti si que me entendes”, de Teresa Moure, publicado en Galaxia. Atopase en todas as bibliotecas escolares de centros con unidades de infantil, e trata sobre os lazos de unión, o amor, a tenrura, a complicidade e a alegría nas relacións entre unha nai e un fillo.
Na secuencia recóllense actividades que dan a posibilidade de afondar nos sentimentos materno filiais, e que se poden desenvolver en calquera momento. Conta tamén cunha escolma de obras de artistas galegos que tanto na pintura como na escultura, teñen reflectido a maternidade.
Este conto foi unha segunda entrega da autora, xa que con anterioridade publicara “Eu tamén son fonte“, igualmente con ilustracións de Leandro Lamas. Neste caso, céntrase nas sensacións, sentimentos e emocións que experimentan as mulleres cando van a ser nais. Promovido pola Federación Galega de Lactancia Materna, para sensibilizar e apoiar o aleitamento materno.