A nosa achega á educación infantil

Reggio 12ª: a documentación dos procesos educativos

In InformArte on 18/04/2010 at 19:03

La documentación es la práctica de observar, anotar, interpretar y compartir los procesos y productos del aprendizaje a través de una variedad de medios para profundizar y ampliar el aprendizaje” (Rinaldi, 2001). A documentación é un dos principios básicos das escolas reggianas, unha documentación reflexiva, a mais de descritiva. As transcricións dos comentarios e discusións dos nenos,  as fotografías das súas actividades e as representacións dos seus pensamentos e aprendizaxes son elementos que se estudan coidadosamente. Estes documentos teñen diferentes funcións; a máis importante de todas elas: ser ferramentas para formular hipóteses sobre a dirección que tomará o traballo e as experiencias cos nenos.

Son documentos moi sinxelos, en moitos casos non máis ca un cadro de dobre entrada, por un lado figura o nome do neno/a, e polo outro apuntamentos das tarefas ou actividades desenvolvidas nese día. Estes documentos expóñense nas entradas de cada aula, de xeito que axudan a que os pais e nais sexan conscientes das vivencias escolares dos seus fillos e se manteñan involucrados. Noutra ocasión falaremos de como é o acceso dos proxenitores ao centro e de como conversan cos profesionais, non é unha “entrega dun paquete”. Esta documentación fai posible que os educadores entendan mellor aos nenos e serven para avaliar o seu traballo docente, á vez que promoven a súa medra profesional, e fan que os nenos sexan conscientes de que o seu esforzo é valorado. Todo isto arquívase no centro, máis tarde pasa aos fondos do Centro de Documentazione e Ricerca Educativa, onde se almacena a documentación pedagóxica dos nidi e scuolas desde 1980, o que eles consideran “o patrimonio das ideas e das experiencias educativas”. As súas funcións, a formación do profesorado e a divulgación, para o que contan con biblioteca, hemeroteca, fototecas, os fondos das escritas proxectuais, etc.

A viaxe de estudos foi moi interesante porque permitiu ver in situ aquilo sobre o que tanto tíñamos lido, pero tamén pola posibilidade que nos brindou de intercambiar experiencias e inquedanzas entre as asistentes. Un tema que foi tratado nestas conversas profesionais foi a preocupación dalgunhas compañeiras que, liberadas do material editorial, ao remate de trimestre sentían un certo desacougo de non enviarlle para as casas nada tanxible, como son os libros de fichas,  para que puidera ser visto polas familias. Velaí a alternativa.

Recomendamos a lectura do libro “Diarios de clase, un instrumento de investigación y desarrollo profesional” do profesor Miguel Zabalza, en Narcea, no que se expón de forma reflexiva a importancia de escribir e empregar os Diarios na aula, tanto para o proceso de mellora profesional cono no de investigacións da práctica diaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: