A nosa achega á educación infantil

Reggio 11ª: a participación privada

In InformArte on 18/04/2010 at 19:02

As escolas reciben a axuda, doazón, patrocinio ou esponsorización de empresas asentadas na zona como IKEA, Benetton, Max Mara, eléctricas, comercio local, etc, cuantificándose esta achega en máis de 5 millóns de euros. E isto en que se traduce e que “custe” lles supón?, é bo ou malo?, houbo todo tipo de opinións ao respecto. Consideramos que é unha opción interesante que non prexudica nin desfavorece ás criaturas para nada. A quen lle pode molestar que os rapaces coman en vaixelas de deseño, ou que na tenda se vendan camisetas de Max Mara con debuxos realizados polos propios nenos? Hai críticas sobre o mercantilismo de Reggio, nós non podemos coincidir con esa cualificación, ou ao menos con que teña un carácter despectivo. Saberse aproveitar do marketing e do merchandising, supoñendo melloras na calidade do servizo á infancia, para nós é un valor engadido. Na actualidade, no mundo empresarial, cando se quere cambiar a imaxe dunha corporación ou abrila ao gran público, os seus expertos en publicidade deséñanlle e vincúlannos a proxectos de solidariedade, de cooperación ou educativos. Que se mellore a imaxe dunha empresa pola participación en proxectos de educación, entendemos que lle está conferindo un grande valor ao feito educativo. Ás veces, temos unha visión un tanto reducionista e coitada sobre estas iniciativas. Xa nos gustaría que todas as grandes empresas “adoptaran” e mimaran unha escola infantil… Mentres tanto, non desaproveitemos as oportunidades que temos no noso contorno máis inmediato, que diso, as mestras de infantil, sabemos un pouco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: