Día do libro

O vindeiro día 23 celébrase o Día do Libro e dos  Dereitos de Autor, data elixida pola UNESCO  porque nun 23 de abril morreron Cervantes,  Shakespeare e Garcilaso de la Vega, e naceron  Navokov, Laxness e Josep Pla, entre outros. Réndese unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, ao tempo que se pretende fomentar o pracer pola lectura.

Para conmemorar esta data nas aulas, quixemos facer unha escolma literaria na que os libros son os protagonistas dos relatos; atopamos libros sobre as palabras, os escritores, as bibliotecas, os bibliotecarios, sobre quen os fai, quen os escribe e quen os recibe, así como sobre as formas de lelos.

-“Te regalo un cuento”, de Jorge Gonzalvo en Lóguez; que mellor agasallo que un conto, que mellor agasallo que un libro…

-“Mi pequeña fábrica de cuentos”, de Bruno Gibert en Thule; combinando as distintas pestanas permite crear ata 194.481 contos distintos.

-“El leon que no sabía escribir”, de Martín Baltscheit en Lóguez; os inconvenientes de ser analfabeto.

-“El libro de los libros”, de Sophie Benini en Thule; un libro de manualidades para facer un libro.

-“El libro sobre los libros del conejo Mateo”, de Frances Watts en Unaluna; unha introdución ao engaiolante mundo dos libros.

-“O incrible neno devorador de libros”, de Oliver Jeffers en Patasdepeixe; un neno que devora libros sen darlle tempo a “saborealos”.

-“Guillermo, ratón de biblioteca”, de Asún Balzola en Anaya; un rato intelectual que debe saír do seu agocho na biblioteca para vivir aventruas fóra dos libros.

O Club Kiriko elaborou un folleto informativo sobre “Libros en los libros” con recomendacións de lectura desde o 3 ata o 15 anos.

Para nós, ou para difundir a través da biblioteca escolar, dous artigos:

-“Leer para fecundar el futuro” de Kepa Osoro, no que analiza que é ler, o valor da “lectura de regazo” e o papel dos docentes.

-“Los azarosos caminos que nos llevan a la lectura (II)” de José Luis Polanco Alonso.

Moi recomendable a lectura do libro de Alberto Manguel, “Vicios solitarios: lecturas, relecturas y otras cuestiones éticas“, publicado pola FGSR.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s