A nosa achega á educación infantil

As 10 librarías máis fermosas do mundo

In InformArte on 18/04/2010 at 23:27

Con motivo do Día do Libro, quixemos coñecer as mellores e máis fermosas librarías do mundo segundo The uardian, velaí van:

Librería Selexzy Dominicaen en Maastrich (Holanda), unha antiga igrexa do s.XII. Vídeo.

El Ateneo en Buenos Aires. Un antigo teatro convertido na sede dunha das editoras máis tradicionais de Arxentina. Vídeo.

Livraria Lello en Porto. Fundada en 1869.

The Secret Headquarters, en Los Ángeles, especializada en cómics, segundo os entendidos, a mellor do planeta.

5ª Borders en Glasgow. Edificio deseñado para o Royal Bank no s. XIX.

Scarthin Books en Inglaterra, pequena, acolledora e confortable como unha casa, pura literatura.

Posada Art Books en Bruxelas. Como pasear por un museo.

El Péndulo en México. Unha “cafebrería” con árbores no seu interior, é como unha librería no medio da selva.

Keibunsya en Kyoto. No medio dun caos impera a harmonía oriental.

10ª Hatchards en Londres. Todo un mito, a máis antiga de todo o Reino Unido, inaugurada en 1797.

Hai quen discrepa con esta clasificación e con que non se inclúa Atlantis Books en Santorini.

Tamén facilitamos unha presentación con 65 Bibliotecas en todo o mundo que ben merecerían unha visita.

Hai bastantes anos visitamos unha vila histórica en Inglaterra onde todas as casas eran agora librarías especializadas, vemos que esa idea tamén callou en España e Ureña é a primeira vila-libraría, con 200 habitantes e 10 librarías. Semellante a Fjaerland, un pobo librería entre glaciares, referente no turismo literario en Noruega, con 400 habitantes e 12 librarías. Non damos ideas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: