A nosa achega á educación infantil

Reggio 10ª: a participación social e cidadá

In InformArte on 14/04/2010 at 23:23

Desde que en 1991 a revista americana Newsweek considerara a escola Diana das escolas de Reggio Emilia, como o mellor establecemento na vangarda da atención á infancia no mundo, o seu enfoque educativo atraeu a atención de todas aquelas persoas interesadas na educación infantil. Que é o que fai diferentes estas escolas? En primeiro lugar, a maneira na que xorden; en segundo lugar, o seu proxecto educativo; e en terceiro, o modelo de xestión por parte da comunidade. Vexamos.

No ano 2003, créase no concello de Reggio Emilia a Institución de Escolas e Nidos de Infancia, como instrumento xurídico que garante a autonomía de xestión administrativa, cultural e pedagóxica. Ten como finalidade xestionar e potenciar o funcionamento e calidade do servizo á infancia. Mantén convenios de colaboración con fundacións, entidades privadas, universidades, con Reggio Children, coa Asociación Internacional de Amigos de Reggio Children e co Centro Internacional Loris Malaguzzi.

A participación cidadá artíllase en cada escola ou nido, a través do Consello de Infancia Cidadá, estrutura democrática que promove a participación e corresponsabilidade da cidadanía, integrada por pais, nais, educadores, pedagogas e cidadáns, recollendo os seus principios na Carta do Consello da Infancia.

No territorio de Reggio Emilia, existen 80 servizos para criaturas de 0-6 anos: 55 escolas de infancia (3-6); 23 nidos (0-3); 5 nidos-escola (0-6); 3 espazos de encontro para adultos e nenos de 1-3 anos. Algúns nidos ofrecen servizos por horas, os nidi part-time; e moitas delas, despois do tempo educativo brindan un horario prolongado para conciliar a vida laboral dos proxenitores, así como un servizo nos meses de verán. Pouco menos da metade son de xestión directa do concello, case o mesmo número pola FISM (Federazione Italiana Scuole Materne), outras xestionadas polo estado e outras por cooperativas a través de convenios coa Institución. Contan cun Regulamento orgánico común.

Para o mantemento destas prestacións, as familias fan unha achega económica proporcional á renda familiar; en 0-3 de entre 61-490 €, en 3-6 de entre 61-199€. Estímase o custe anual por neno en 10.596€ (0-3) e 7.884 € (3-6). Os fondos para o seu mantemento proveñen das arcas municipais, das achegas do estado e das donacións, ingresos polas actividades formativas, publicacións, congresos, exposicións, eventos, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: