A nosa achega á educación infantil

Reggio 7ª: nenas e nenos con dereitos especiais

In InformArte on 13/04/2010 at 22:55

Cando visitábamos as escolas, algunhas compañeiras preguntaban se alí non se escolarizaban nenos con necesidades educativas especiais; loxicamente, e como en calquera outro centro, podía haber ou non. Explicáronnos a consideración “especial” que teñen estas criaturas. A primeira, e máis importante –non é unha cuestión de nomenclatura-, chámanlles nenos e nenas con “dereitos especiais”, isto como dicimos é máis ca unha denominación, cambia substancialmente a súa consideración.

Cando se escolariza un neno destas características, refórzase o persoal de aula cunha persoa máis; pero non para atender en exclusiva ao neno, senón para axudar a “normalizar” a situación de toda a clase. Neste caso en lugar de parella educativa, serán tres as persoas que se corresponsabilicen do grupo. Logo en función da especifidade da atención que requira, poderán intervir no centro persoal sanitario ou de servizos sociais (equipos de atención temperá, fisioterapeutas, etc). No ano 2008, escolarizáronse 45 nenos e nenas con “dereitos especiais” e incrementáronse as plantillas con 40 educadores de apoio, así como 1 coordinadora pedagóxica de referencia para velar pola súa inclusión real.

Unha fermosa denominación que mira cara a educación inclusiva. O gran reto que temos a día de hoxe nas escolas é o de pasar dun enfoque tradicional da integración escolar de alumnado con n.e.e. a un enfoque inclusivo; lograr converter os centros educativos nun contorno comprensivo capaz de acoller e atender adecuadamente a diversidade de necesidades do alumnado. Unha escola inclusiva é aquela que ofrece a todo o seu alumnado as oportunidades educativas e as axudas precisas (curriculares, persoais e materiais) para o seu progreso académico e persoal. Pero aínda a día de hoxe nos nosos centros acontecen cousas como que se identifica ao alumnado integrado; os servizos de apoio céntranse no alumno/a; téndese a apoiar de xeito individualista e a meirande parte das veces fóra do contexto-aula; o profesorado titor tende a “desresponsabilizarse”; e descóidanse os aspectos máis sociais da aprendizaxe.

No artigo “Inclusión y sistemas educativos” teremos ocasión de ler as diferenzas entre integración-inclusión, así como as condicións e factores clave para facer unha escola inclusiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: