O outro día descubrimos unha editora de libros infantís, Unaluna, arxentina, nova e fresca; gustáronnos moitos os libros que vimos. O primeiro que coñecemos foi “El arbol de las cosquillas”, empeza así: “¿Has estado alguna vez donde crece el árbol de las cosquillas… el que te hace reír con ramas en las costillas?”, unha disparatada e sorprendente aventura ao mundo dos soños. Dese pasamos a outros como “Una mentira”, “Romeo, el ratoncito romántico”, “Sin ti”, “La casa que quería un sol” e “Uno, y si no, ninguno”, este encantounos, un libro sobre os engaiolantes fenómenos da natureza.
Descuberta editorial
