A nosa achega á educación infantil

Reggio 4ª: proxección ao exterior

In InformArte on 12/04/2010 at 22:24

Moitas veces queixámonos de que o traballo que facemos nas aulas non é recoñecido pola sociedade, poida que o que falle de base é que ese traballo para ser recoñecido, previamente debe ser dado a coñecer. Cantas veces amosamos o que facemos?, e que é o que amosamos?, é suficiente para que se saiba o que se fai no día a día?, reflicte a realidade do noso traballo?, é iso polo que queremos ser recoñecidas?, cantas veces abrimos as portas das nosas aulas?, cantas veces levamos a clase ás rúas ou ás prazas? Pensemos, nalgúns casos deixámonos ver no Entroido, no magosto, nalgunha exposición e pouco, moi pouco máis.

En Reggio Emilia, desde os primeiros tempos, unha vez á semana montaban os nenos nuns camións e levábannos ás prazas, aos parques, ás rúas e alí, diante do asombro inicial dos cidadáns, realizaban os seus traballos, sobre a arquitectura urbana, sobre a xente, sobre a arte, etc, isto constátano as fotografías que nos amosaron. A día de hoxe seguen a facelo. É preciso que a sociedade saiba o que se fai nunha escola cos nenos, pois do contrario só terán unha idea moi difusa aquelas persoas con fillos en idade escolar. E por certo, en ningún caso vimos nenos camiñando agarrados a un ridículo gusanito ou a unha corda, nin con carnéts pendurados do pescozo ou camisetas “corporativas”; camiñaban e movíanse coma calquera cidadán pola rúa, sen gardas que paren o tráfico ou un séquito de pais e nais velando pola manada. Normalidade en calquera actuación, que non atracción.

O primeiro punto de encontro do grupo de estudio cos responsables de Reggio Children foi nun lugar moi significativo para nós, o teatro Ariosto, aquel para o que os nenos das escolas ilustraron o telón (sipario) co seu famoso “Bestiario”. Este proxecto, xunto con outros como “El parque es…”, “Una guía de la ciudad por los niños”, “Paisajes sonoros”, “La bicicleta”, etc, veñen a confirmar ese compromiso da cidade cos nenos e dos nenos ca cidade.

Falaremos da entrada da sociedade nas escolas e de como estas se abren á participación cidadá.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: