A nosa achega á educación infantil

Reggio 2ª: contextualización

In InformArte on 12/04/2010 at 22:25

Reggio Emilia é unha cidade de 140.000 habitantes, capital da provincia homónima na rexión da Emilia Romaña. Cidade cun pequeno casco histórico, -semellante ao de Pontevedra, e na que se aprecia un estilo tranquilo, pracenteiro e cunha grande calidade de vida para os seus habitantes; resulta chamativo ver como se desprazan grandes e pequenos en bicicleta a todas partes. Desde esta ligazón e premendo sobre o plano do casco antigo da cidade podemos ver fotografías de distintas localizacións.  A cidade expandiuse e nela poden atoparse obras de arquitectura modernas tales como unha ponte realizada polo arquitecto español Santiago Calatrava. A poboación procedente do estranxeiro estímase nun 14%.

Como empeza este proxecto educativo motivo da nosa viaxe? Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, en 1945, a xente do pobo decide construír unha escola para os nenos; ao principio autoxestiónanse, ata posteriormente conseguir a xestión municipal. Os cambios que se producen na sociedade a comezos dos anos 50, co éxodo do campo á cidade e coa incorporación da muller ao traballo, fan que as escolas se vexan como algo necesario, o que fai que o concello decida apostar pola creación de novas escolas, chegando a 58 en 1980 (entre nidi e scuole). Isto supuxo unha grande competencia para as escolas católicas que iniciaron unha campaña de desprestixio. Resultounos curioso saber, a tenor da súa calidade educativa, que a oferta para 0-6 na actualidade está composta por: 40% escolas comunales; o mesmo número de relixiosas e un 20% estatais. Tamén dicir que coincidindo coa nosa presenza, estábanse a celebrar a eleccións, algo que os tiña un pouco inquedos polas consecuencias que poderían ter os resultados electorais nas políticas para a infancia; por fortuna para eles, todo segue igual.

Desde o seu comezo contaron co liderazgo pedagóxico de Loris Malaguzzi ademais de colaboracións como a de Gianni Rodari e a axuda de Bruno Ciari.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: