A saúde de menores inmigrantes e adoptados

O vindeiro sábado, 10 de abril, ás 12:00h., na Fundación Mª José Jove, terá lugar a conferencia “La salud en los menores adoptados”, impartida pola especialista en Pediatría y Medicina Tropical a Dra. Victoria Fumadó. Consideramos que pode ser do interese de profesionais de centros de ensino nos que se escolariza alumnado procedente do estranxeiro.

Nos últimos anos asistimos a un grande incremento da adopción transnacional, e segundo estudos realizados, preto do 60% deses menores poden presentar patoloxías que se refiren tanto a problemas pediátricos xerais, infeccións autóctonas dos seus países de orixe, desnutrición, así como trastornos neuropsicolóxicos e do desenvolvemento.

Facilitamos acceso ao artigo “Niños adoptados: factores de riesgo y problemática neuropsicológica”.

A FMJJ desenvolve actividades no ámbito da educación dando exemplo de coherencia cos seus principios de actuación: paralelamente a esta conferencia, para as persoas que asistan con fillos de entre 4-12 anos, terá lugar un obradoiro infantil “Cuido mi salud”; así mesmo, contará con intérprete de lingua de signos.

Outro aspecto a ter en conta hoxe, 7 de abril, Día Mundial da Saúde.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s