A nosa achega á educación infantil

Mi primer Vargas Llosa

In ContArte on 05/04/2010 at 22:52

O 2 de abril a editorial Alfaguara presentou, dentro da colección Mi primer, o libro infantil “Fonchito y la luna” de Mario Vargas Llosa, unha fermosa historia sobre o primeiro amor, polo que se pode conseguir todo, ata baixar a lúa. Dentro da mesma colección tamén presentou recentemente outro de Arturo Pérez Reverte titulado “El pequeño Hoplita”.

Moitos dos grandes da literatura teñen feito as súas incursións no mundo infantil, malia que en palabras de José Saramago, no seu conto “La flor más grande del mundo”, é moi difícil escribir historias para nenos porque hai que seleccionar moi ben a linguaxe que se emprega e o que se quere contar. No mesmo, remata dicindo, “E se os contos infantís forem de leitura obrigatórias para adultos? Seríamos realmente capaces de aprender o que, desde há muito tempo vimos ensinando?”. Deste fermoso conto, a produtora galega Continental fixo un vídeo de animación que se acompaña con música de Emilio Aragón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: