A nosa achega á educación infantil

A vida sobre papel

In AlfabetizArte on 24/03/2010 at 20:29

Cando estamos achegando o noso alumnado á lingua escrita e á lectura, é de grande importancia que comprendan a funcionalidade dos textos escritos. Noutras ocasións temos falado do traballo con textos descritivos, narrativos, expositivos, argumentativos ou instrutivos. Agora queremos facer unha suxestión que xorde a raíz da exposición do CVC, EPHEMERA- La vida sobre papel, coa colección da Biblioteca Nacional que reúne máis de 100.000 imaxes. A palabra ephemera aplícase ao que dura só un día, e no que se refire a obras impresas sobre papel, engloba materiais tan dispares como felicitacións, carteis, tarxetas comerciais, cromos, postais, etiquetas, estampas, papel de cartas, entradas a museos, concertos, teatro…, todo aquilo que non pretende sobrevivir; o que sería o “pequeno impreso”.

Cantas e que variadas posibilidades de traballo cos textos nos xorden no día a día da vida da escola ou da vida do noso alumnado; amosándolles a estrutura dunha invitación a un aniversario, do menú dunha celebración, ou das entradas de espectáculos aos que asisten, será unha maneira de ver a importancia da comprensión e da creación de textos, dos usos e das formas da comunicación escrita.

Facilitamos tamén o artigo “Usar la lengua en la escuela” de Liliana Tolchinsky, onde expón evidencias a favor de que a inmersión no uso de materiais auténticos favorece a aprendizaxe da lectura e da escritura en sentido amplo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: