A nosa achega á educación infantil

Día da Poesía

In InformArte on 22/03/2010 at 17:34

No Día da Poesía queremos facer unha pequena reflexión: que lles pasa aos rapaces e rapazas para que non lles guste a poesía cando de cativos devecen por recitar pareados, cancionciñas ou poemas? Será que as persoas adultas ás veces non cumprimos con dous principios básicos:

1º Que os poemas que lles ofrezamos sexan adecuados á súa idade, intereses e necesidades, tanto na forma como no contido.

2º Que as poesías traballadas posúan verdadeira calidade poética ou literaria.

Temos visto moitas recomendacións de lectura para nenos que responden máis aos gustos persoais do/a docente que á idade ou intereses do noso alumnado. Logo non nos lamentemos do que acontece cando son eles os que elixen…

A poesía está presente na vida dos nenos e nenas desde a súa máis tenra infancia a través dos arrolos, das cancións de berce, dos xogos rimados…, é algo que lles cativa. Máis tarde experimentan sensacións agradables coas cancións de corro, de repeticións de estribilos ou adiviñas. A función poética está presente no ser humano desde a súa primeira infancia e desempeña un papel fundamental na estruturación do discurso. Agora ben, nos primeiros anos, o xogo lingüístico que os nenos/as levan a cabo ao realizar a función poética ou lúdica baséase fundamentalmente no significante, de aí que a meirande parte do folclore infantil predomine o fonético sobre o lóxico.

Os cambios sociais contemporáneos que afectan tanto ás estruturas e tempos familiares, como aos espazos e tempos de xogo poden influír no futuro da expresión literaria infantil, de aí que sexa preciso insistir no seu tratamento nas aulas. Unha das persoas que máis ten feito pola recompilación e difusión da literatura de tradición oral infantil en España foi Ana Pelegrín, con publicacións como “Poesía española para niños”, “Letras para armar poemas”, acompañadas sempre dunha guía didáctica para docentes, que malia que se dirixen a alumnado de primaria, son inspiradoras de boas ideas de traballo.

Así mesmo, na páxina “Entre libros” do Ministerio de Educación, atopamos unha boa escolma de ligazóns onde atopar información, actividades e obradoiros de traballo coa poesía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: