A nosa achega á educación infantil

Árbores e matemáticas

In EncienciArte on 15/03/2010 at 00:16

A máis de todo o que se pode facer coas árbores para traballar distintos conceptos matemáticos (facer estimacións, medir, pesar, contar os anos polos aneis do tronco, comparar as súas formas…), gustounos a idea de amosarlle ao noso alumnado os labirintos vexetais. Outra maneira de plantar árbores formando rúas e encrucilladas coa intencionalidade de confundir a quen entra nel. Hainos absolutamente fascinantes.

Os labirintos vexetais dannos ocasión de traballar as súas formas- cadrado ou rectangular, os máis antigos-, a relación que existe entre o centro e a saída do mesmo, e a forma na que se constrúen. De seguido podemos intentar facelos en area ou noutros materiais co noso alumnado. De seguro que a próxima vez que lles propoñamos resolver un labirinto infantil, xa non o mirarán de igual xeito.

O significado cultural do labirinto como símbolo é moi rico, nalgunhas culturas asóciase a ritos iniciáticos. Como curiosidade, existe un localizador mundial de labirintos, estes son os resultados que nos devolve en España; en Galicia saen algúns, destes xa falaremos noutra ocasión.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: