Familias procedentes do estranxeiro

No momento de solicitude de praza, poden chegar familias cun deficiente ou nulo coñecemento da nosa lingua, así como da organización e estrutura do sistema educativo galego e das súas prestacións. Para facilitar esta primeira toma de contacto, a consellería elaborou unha “Guía do sistema educativo galego” en dez idiomas (galego, español, alemán, árabe, chinés, francés, inglés, portugués, romanés e ruso) con información sobre o proceso de admisión e matriculación do alumnado; a organización dos centros; as medidas de atención á diversidade; os servizos complementarios; a validación de estudos; e enderezos do seu interese. Unha boa maneira de que se sentan acollidos e de abrirlle as portas dos centros a todas as familias, sen diferenzas.

A “Guía de comunicación básica” é outra publicación para facilitar o contacto e romper as barreiras iniciais na comunicación para as persoas procedentes do estranxeiro. Trátase dun documento de dez páxinas, unha por cada idioma. Por unha cara recolle 40 preguntas básicas que pode facerlle o centro á familia, e pola outra, 40 preguntas que pode facerlle a familia ao centro. No caso de que a familia teña dificultades de comprensión e expresión na nosa lingua, tan só debe buscar no seu idioma a pregunta que quere formular, sinalala e o seu interlocutor buscará a correspondencia en galego ou español; deste xeito, poderá indicarlle a súa resposta na “Guía do sistema educativo galego”, dado que son dúas publicacións complementarias.

No web da consellería, tamén atopamos, outros recursos , dirixidos ao alumnado procedente do estranxeiro, como “Plan de acollida. Orientacións para a súa elaboración”, o Dicionario Visual Interactivo, un recurso multimedia para facilitar a adquisición da lingua vehicular, tradutores, etc. Sobre isto volveremos noutra ocasión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s