Admisión nos centros educativos

Xa estamos en pleno proceso de solicitude de admisión nos centros educativos. Chegan as familias inquedas por si conseguirán praza para os seus fillos ou fillas, esta é a súa principal preocupación, pero tamén teñen moito interese por coñecer o centro, o seu funcionamento e os servizos que oferta.

Sería un bo momento para ir preparando un folleto informativo para entregarlles, ben á hora da solicitude, ben durante o período de matriculación ou mesmo na reunión informativa que se manteña coas familias de alumnado de novo ingreso. As posibilidades son varias, tal e como se recolle no capítulo 4 “Exemplos de planificación”(pax.73), da publicación “E ti… vas á escola? O proceso de adaptación”. Nela, malia que se centra no proceso de adaptación, enténdese que este comeza desde o mesmo momento de solicitude de praza no centro educativo. Alí, tamén atopamos distintos modelos de folletos informativos sobre a escola.

A comezo de curso, recordaremos a lectura do poema que deu título á publicación “E ti… vas á escola? As dúbidas do pitiño” de Azucena Arias Correa, e que se atopa na páxina 123.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s