O medo nos contos infantís

Ao fío do monstro “real” da entrada anterior queremos falar do medo na literatura infantil. A FGSR publica periodicamente a colección “Temas en la literatura infantil y juvenil”. O seu número 3 dedicárono ao medo, “Los miedos infantiles en la literatura para niños”.

“Desde que el ser humano inventara los primeros relatos de la historia hasta la actualidad, la literatura –oral o escrita- siempre ha estado ligada de forma implícita o explícita a los miedos de la humanidad. El acto de escuchar, narrar, leer y escribir historias es un conjuro contra el miedo:miedo a crecer, morir, sufrir, ser abandonado o devorado, miedo a la ignorancia, al desconocimiento, al caos o a la locura.”

A selección bibliográfica está organizada en oito apartados; en cada un deles os libros ordenados alfabeticamente por autor, idioma da edición e orientación de idade de lector. O documento é do 2006, polo que botaremos a faltar algúns de recente publicación.

-medo á noite, á escuridade e ás treboadas: ameaza de sombras, ruídos e fenómenos naturais.

-soños rotos por pesadelos: temor aos malos soños, espertar sobresaltado e gritos afogados.

-medo aos monstros e seres imaxinarios: presenzas desacougantes que nos perseguen e axexan.

-medo aos animais: medos de catro e ata de oito patas que desatan o pánico e a ansiedade.

-medo ao descoñecido: vertixe ante os mundos non explorados e encontros máis alá do coñecido.

-medos íntimos e persoais: que nos acompañan e aniñan no noso interior.

-medo en sociedade: ameazas na nosa relación co mundo e cos demais.

-conxurar os medos: enfrontarse ao medo e romper o seu parálise.

  Antes de dar paso á sección “Leer los miedos”, a publicación conta cunha interesante introducción na que se analizan “El sentido, la naturaleza de los miedos infantiles y algunos consejos”, realizado pola Asociación de Saúde Mental Infantil desde la Gestación, integrado por psiquiatras infantís, psicólogos clínicos, psicoanalistas de nenos e psicólogos escolares.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s