A nosa achega á educación infantil

Cen anos de mulleres na Universidade española

In InformArte on 07/03/2010 at 22:58

O día 8 de marzo, cúmprese un século da publicación do decreto que permitiu o acceso das mulleres á Universidade española, pouco despois de ser nomeada Emilia Pardo Bazán como Consejera de Instrucción Pública. Ata o 8 de marzo de 1910, tan só 36 mulleres accederan, debendo conseguir a autorización do Consello de Ministros; algunhas ata foron disfrazadas de homes, tal e como fixo Concepción Arenal.

A día de hoxe, moito cambiou a situación, malia que nalgúns aspectos, só aparentemente … Na última década, as mulleres supoñen o 60% do alumnado matriculado, obteñen arredor do 60% das becas e acadan máis prazas nas oposicións. Máis alumnas, sen embargo os núcleos de poder seguen sendo coto de homes. Ata fai 25 anos non houbo unha muller rectora, hogano son só 6; nas universidades galegas aínda non se conseguiu.

A Unidade de Muller e Ciencia, ten publicado o estudo “Muller e ciencia en cifras”; podemos ver a comparativa de homes e mulleres no Ensino obrigatorio, postobrigatorio e ciclos formativos; os datos de matrícula en ensino universitario na USC, UDC e UV, nos que se constata que hai máis mulleres matriculadas, pero miremos o cadro do sexo do profesorado universitario, máis homes; e non falemos xa da coordinación de grupos de investigación.

Este 8 de marzo de 2010, será día de dobre conmemoración, pero a situación non é para quedarse compracidas mirando cara atrás, as desigualdades de xénero subsisten, ou rexermolan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: