A nosa achega á educación infantil

8 de marzo, Día Internacional da Muller

In InformArte on 03/03/2010 at 17:17

O tema deste ano é “Igualdade de dereitos, igualdade de oportunidades: progreso para todos”. No web da ONU atopamos información con motivo do Día Internacional da Muller, o cartel, a historia do día e recursos adicionais.

Dúas recomendacións para traballar na aula:

– “O libro dos porcos” de Anthony Browne en Kalandraka. Álbum ilustrado que nos presenta unha nai como tantas, cun home e uns fillos que, compracidos e esixentes, estomballados no sofá, teiman en convertela cada día nun ser invisible e sen rostro que traballa sen descanso. Ata que decide marchar. Para este libro elaborouse unha secuencia didáctica con actividades previas e posteriores á súa lectura; pódese atopar nas páxinas 100-110 da publicación “Medrando sans, de sentimento en sentimento…, de emoción en emoción

-“Quiero una mamá robot” de Davide Cali en Laberinto; unha nai que sempre está traballando, ata os sábados polo que o seu fillo pensa: “Una mamá verdadera no siempre tiene mucho tiempo para estar contigo. En cambio, una mamá-robot hace todo lo que le pides. Y sobre todo no te grita NUNCA… ¡De lo contrario la apagas con el mando de la tele! ¿Pero una mamá-robot huele bien o sabe hacer mimos como una mamá verdadera?”

Damos a coñecer unha primicia que en breve estará nas librerías. “Elas” de Cecilia Afonso Esteves en Kalandraka; este libro é un canto ao feminino tal e como o definiu o xurado do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que o distinguiu cunha mención especial. Trátase dun texto poético e cheo de musicalidade. É unha proposta delicada, en forma de poema que nos remite aos esenciais “catro elementos”: Auga, Aire, Terra e Lume, e á presenza constante das mulleres. Unha delicia de libro que fala das que sempre levan …

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: