A nosa achega á educación infantil

A Terra desde a Lúa e a Lúa desde a Terra

In ContArte,EncienciArte on 02/03/2010 at 00:31

Lemos que un astronauta xaponés, Soichi Noguchi, instalado na Estación Espacial Internacional (ISS) envía diariamente e publica en Twitter fotografías da Terra tomadas desde a estación.

A ISS desprázase cada día sobre os nosos ceos, a unha altura de 400 km, no web pódese seguir a súa localización a tempo real. A súa capacidade de reflectir a luz fai posible que poidamos contemplala e fotografala. Facilitamos os datos dos horarios de pase da actual semana na cidades de A Coruña, Pontevedra e Vigo. Atopamos tamén imaxes das naves, do seu aterraxe e dos astronautas.

A Lúa, a Terra, o Sol, os planetas, o Universo, as estrelas, as viaxes espaciais, os astronautas, etc, son temas que fascinan aos nenos e nenas de infantil e sempre “funcionan” ben como proxectos. Achegamos información sobre libros e algunhas ligazóns para traballar nas aulas.

No web Astronomía Educativa atoparemos información, imaxes e vídeos sobre o Universo, o Sistema solar, os planetas, galaxias, meteoritos, etc.

-“Atlas del espacio” de SM

– “Astronauta por un día” de RBA MOLINO (libro interactivo)

– “El espacio” en BRUÑO (libro luz, ilumínase pola noite)

– “Paco” de Paula Carballeira en KALANDRAKA; Paco é o rato da Lúa, foi alí porque lle dixeron que era de queixo fresco, pero unha vez chegou…

– “Papá, por favor, achégame a lúa” de Eric Carlé en Kókinos; unha nena quere xogar coa lúa polo que lle pide ao seu pai que lla achegue. Hai un vídeo co conto.

– “Herbalúa” de Marilar Alexandre en Galaxia; Helena foi unha noite á Lúa a buscar herba para a súa ovella de trapo… Porque as ovellas de trapo, que son moi ninfrosas, só se alimentan de herbalúa.

– “La Luna” de Anne Herbauts en Kókinos.

-“Coco y la Luna” de Emilio Urberuaga en Kókinos; Coco rouba a lúa sen saber os problemas que isto lle ocasionará ao lobo, a Paula, aos astronautas…

– “A que sabe a lúa?” de Michael Grejniec en KALANDRAKA; será doce ou salgada?, a que lle saberá aos animaliños que querían chegar a ela?

– “Si la luna pudiera hablar” de Kate Banks e Georg Hallensleben en Juventud; unha nena a piques de durmir pensa no que a lúa lle podería contar.

– “Quen levou a lúa?” de Mario Catelli e Malena Matoso en OQO; Kipá o máis pequeno da manada quere ouvear como os lobos grandes; unha noite de lúa chea escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se desprende do ceo…

– “El perro y la luna” de Nele Moost en Lóguez; fermoso e poético libro sobre a amizade de dous cans e a súa imaxinación

La Luna, la Tierra y el Sol” de Jaume Escala en Lóguez; a Terra acada a felicidade grazas aos xogos da lúa e do sol

Atopamos a páxina do CEIP Los Llanos que con motivo do ano internacional da astronomía, 2009, realizaron unha extensa compilación de libros de astronomía

Facilitamos unha ligazón para poñer un marcador coas Fases da lúa, na pantalla do ordenador ou no blogue, o que permite que día a día as nenas e os nenos vaian vendo as súas variacións.

No web Astrono, recolléronse un gran número de cancións que falan da Lúa: “Blue Moon” de Glen Miller, “Sonata Claro de Luna” de Beethoven, “Walking in de moon” de The Police, “Reflejo de luna” de Paco de Lucía…, non teñen “Luna lunera cascabelera” nin “Quisiera ser tan alto como la luna, ay, ay”.

  1. Hey, you have a great blog here! I’m definitely going to bookmark you! Thank you for your info.And this is เกมส์ site/blog. It pretty much covers ###เกมส์## related stuff.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: