Violencia entre iguais

Ás veces, mesmo parece que as preocupacións en educación van por modas ou por ondadas. Nun determinado momento focalízase a atención sobre un tema, daquela todo o mundo opina, os medios poden, ata, xerar alarma social, hai quen se aproveita do filón para sacar uns materiais ou baterías predictivas, nacen “tertulianos” con discursos catastrofistas e apocalípticos, e logo a outra cousa…; inmigración, violencia de xénero, educación afectivo-sexual ou convivencia, foron algunhas desas modas. O positivo, nese momento créanse todo tipo de comisións, elabóranse estudos e informes e invístese para paliar o problema. Entre os anos 2005 e 2009 tocoulle á convivencia escolar, sobre todo a raíz do caso Jokin (setembro 2004). Agora, afortunadamente, todo parece estar en calma; segue habendo a mesma incidencia ca sempre pero xa non é preocupante.

No ano 2007, o Observatorio Estatal da Convivencia Escolar, dependente do ministerio, iniciou un estudo serio e rigoroso, sobre a calidade da convivencia escolar nos centros de secundaria, coordinado pola Unidade de Psicoloxía Preventiva da Universidade Complutense de Madrid, con Mª José Díaz Aguado ao fronte do equipo. Para a súa elaboración entrevistáronse 6.175 docentes, 23.100 alumnos/as de 301 centros educativos de España; Galicia participou cunha mostra significativa de centros públicos, privados e concertados. En xuño de 2008, o ministerio presentou un avance do estudo.

A grandes trazos, as conclusións do “Estudio estatal sobre la convivencia escolar” son que a convivencia escolar, en xeral, é boa; que a violencia existente no resto da sociedade tamén se expresa na escola; e os centros puxéronse en marcha para mellorar a convivencia. O estudo define á vítima de acoso como alguén ao que un ou varios dos seus compañeiros insultan ou ridiculizan, ignoran intencionadamente afastándoo do grupo, ameazan, empurran ou pegan; din mentiras e rumores para que caia mal ou se burlan del facéndolle dano. Segundo esta definición, só o 1,7% do alumnado se sentiu acosado. Analiza, así mesmo outros fenómenos emerxentes como o ciberbullying. Bota por terra algúns tópicos bastante estendidos como o do “profesor queimado” e o da falta de compromiso do profesorado co centro ou coa profesión. Os docentes destacan, entre os principais obstáculos á convivencia, a falta de disciplina nas familias e a falta de implicación destas na educación dos fillos e fillas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s