Juul

Estes días coñecemos un libro que nos deixou arrepiadas, malia que ten final feliz. Comentáronnos que hai quen o empregou nas aulas de infantil, non o temos tan claro; é un libro que non deixa indiferente, deses que hai que pechar, tomar aire e volver a ler… Titúlase “Juul“, editado por Lóguez en 1996, e comeza así : “Jull tenia rizos , rizos rojos como hilos de cobre, eso gritaban todos: ¡hilo de cobre!¡tienes sangre en el pelo!¡caca roja!.Un dia Juul cogió unas tijeras y rizo a rizo se los cortó. Juul tenia la cabeza pelada, y todos le decian ¡bola de billar!¡cara de huevo!. Por eso se puso una gorra. Al no tener pelo, la gorra le caía encima de las orejas y estas se le salian un poco,¡orejas de soplillo!¡dumbo!¡echa a volar!.Eso le hubiese gustado a Juul, volar muy lejos de allí…” A historia de Juul ten a súa orixe nunha breve noticia, publicada nun diario belga: un neno de 13 anos suicídase despois de ter sufrido vexacións a mans doutros compañeiros.

A crueldade infantil, o acoso, a burla, son temas que tamén se abordan no libro “Orellas de bolboreta”, de Luisa Aguilar, publicado en Kalandraka; pero neste caso, o principal é a forza do optimismo de Mara, a súa protagonista; razón pola que nos parece máis adecuado para quen queira tratar estes temas na aula.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s