Pablo Pineda

No nº 398 de Cuadernos de Pedagogía, aparece “Pablo Pineda una persona Down, en tierra de nadie”, unha entrevista co mozo síndrome de Down diplomado en Maxisterio e a piques de rematar os estudos de Psicopedagoxía que protagonizou a película “Yo, también“, merecedora de moitos premios nacionais e internacionais, entre eles dous Goya na última edición.

Para reflexionar un pouco: “Yo de síndrome de Down tengo los estigmas pero nada más; mis conocimientos me han hecho una persona como las demás. (…) Lo que soy es más producto que de lo biológico, de mi entorno social; he podido adquirir conocimientos gracias al lenguaje y a la ayuda de los demás. Esto me parecía muy importante y se ha confirmado en mí, porque yo puedo aprender siempre que los contextos me ayuden.”

 A asociación Down Galicia, ten elaborado un documento con estratexias para favorecer a inclusión do alumnado en centros de educación infantil. Dispoñen tamén dunha webquest para sensibilizar ao alumnado de secundaria con relación ás persoas con Síndrome de Down.

A Editorial Galaxia, dentro da colección ¿E que?, publicou o libro “Miña irmá ten Síndrome de Down” que pode axudar a que se viva na aula con normalidade a diversidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s