A nosa achega á educación infantil

Galicia nun clic

In TICArte on 08/02/2010 at 14:07

Descubregalicia.com é unha plataforma multimedia que nos permite a visita virtual a Galicia, desde o ceo, polas rúas, en vídeo, elexindo localidade, zona, actividade que se desenvolve, ata empresas… Poderemos amosarlle ao alumnado esas realidades tan cercanas na distancia, pero tan lonxanas para eles sin o apoio da imaxe.

A través das cámaras web que ten instaladas a RTVG en distintos puntos xeográficos de Galicia, podemos ver o que está sucedendo nestes intres en lugares como a Praza do Obradoiro, en Cabeza de Manzaneda, en Vigo, no porto de Baiona…, isto bríndanos grandes posibilidades para o traballo na aula, tales como as diferenzas climatolóxicas, de vexetación, do que está a acontecer, etc.

Ao igual que o web Galicia 360º, que nos permite facer visitas virtuais a puntos destacados da comunidade. Contén un arquivo con vistas panorámicas en 360º, entre outras, do Faro de Fisterra, da Torre de Hércules, gravacións de festas ou celebracións tradicionais, visitas polas grandes cidades galegas entrando nas prazas de abastos, visitando monumentos e percorrendo as súas rúas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: