A nosa achega á educación infantil

A experiencia de cociñar na aula

In InformArte on 05/02/2010 at 19:40

O Fórum Gastronómico de Santiago 2010, terá lugar dos días 20 ao 24 de febreiro. Entre outras actividades, haberá obradoiros de cociña para nenas e nenos; de seguro que lles brindará unha boa ocasión para divertirse coa preparación dalgún menú. Actividades coma esta, dirixida ao público infantil, proliferan en moitas cidades e vilas de Galicia, ben con motivo de coñecer produtos galegos, de agricultura ecolóxica, ou ben para o fomento de hábitos saudables, como sucede nos Concellos Saudables.

Na escola infantil, cada vez máis, son actividades que se realizan, non só coa intención de obter un produto ou coñecer un alimento, senón polas súas posibilidades de traballo didáctico, tales como:

– Conceptos matemáticos, manipulando doses, tamaños, cantidades, proporcións, texturas, secuencias temporais, etc.

– Aproximación á lingua escrita, coñecendo as propiedades dun texto instrutivo como é a receita, coa súa característica formulación dos tempos verbais, a lonxitude do texto, o orde, o formato, etc.

– Achegamento á ciencia, observando como reaccionan os distintos ingredientes ao ser mesturados, coas distintas preparacións (cocción, frío, vapor…).

– Desenvolvemento de habilidades de pensamento: formulando hipóteses, facendo estimacións, aplicando o razoamento, o pensamento deductivo…

E outros como poden ser a alimentación e saúde, a cociña tradicional, cociña e cultura, ou a súa presenza nas representacións artísticas.

Pouco a pouco iremos facilitando experiencias de aula centradas nos obradoiros de cociña, recomendacións de lectura e orientacións para as familias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: