A nosa achega á educación infantil

UNICEF. El cuidado infantil en los países industrializados: transición y cambio

In ActualizArte on 01/02/2010 at 17:36

Queremos incluír no blogue o informe de UNICEF El cuidado infantil en los países industrializados: transición y cambio. Una tabla clasificatoria de la educación y los cuidados durante la primera infancia en los países economicamente avanzados, Report Card Innocenti Nº8, porque malia ser do ano 2008 é de absoluta vixencia e interese.

“ Estase xerando un gran cambio na infancia nos países máis ricos do mundo. A xeración de hoxe en día é a primeira na que a maioría recibe durante gran parte da primeira infancia algún tipo de coidado infantil fóra do fogar. Ao mesmo tempo, as investigacións neurocientíficas están demostrando que as relacións afectuosas, estables, seguras e estimulantes cos coidadores durante os primeiros meses e años de vida son esenciais para todos os aspectos do desenvolvemento do neno. Conxuntamente, estes dous avances formulan cuestións urxentes ao público e aos políticos nos países da OCDE. Dependendo da resposta que se lles dea, a transición no coidado infantil representará un avance ou un revés para os nenos de hoxe en día e o mundo de mañá.”

Neste Report Card analízanse as oportunidades e os riscos que representa a transición no coidado infantil. Analiza as prestacións á primeira infancia a nivel internacional con dez indicadores como: as baixas parentais remuneradas; a existencia de plans nacionais que prioricen a atención aos nenos desfavorecidos; as subvencións para costear os servizos de coidado infantil; as proporcións entre persoal e nenos 1:15 en preescolar; a formación do persoal ao coidado da infancia, etc.

Un só dato, Suecia acadou os 10 indicadores de referencia, e o resto dos países nórdicos entre 8 e 9, España só 3. Sen comentarios. Para que logo nos preguntemos que é o que sucede en Suecia coa educación. Será que é cuestión de apostar de xeito real e efectivo pola atención á infancia e non só como retórica.

Este documento debería ser de obrigada lectura, non só para todas as persoas profesionais da educación, senón tamén para todos os encargados das políticas educativas.

Intentamos facer un resumo pero saíanos de cincuenta páxinas, o documento ten cuarenta, pero non se pode prescindir de nada.

O Centro de Investigaciones Inocenti de UNICEF de Florencia, Italia, coñecido oficialmente como Centro Internacional para el desarrollo del niño, foi fundado coa finalidade de reforzar as capacidades de investigación do Fondo de Naciones Unidas para la Infancia e dar maior difusión ás actividades en defensa do neno en todo o mundo. A serie Report Card Inocenti ten como obxectivo supervisar e comparar a actuación dos países da OCDE á hora de garantir os dereitos da infancia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: