A nosa achega á educación infantil

Plan Educa3

In InformArte on 01/02/2010 at 22:07

En setembro de 2008 foi presentado o Plan Educa3; un programa integral (2008-2012) de impulso á creación de novas prazas educativas para nenos de 0-3 anos, cun investimento total de 1087 millóns de euros, cofinanciado entre o ME e as CC.AA. Para o ano 2008, a Galicia correspondéronlle algo máis de 7 millóns, e para o 2009, 5 millóns. Pretende por en marcha, entre outras accións, a creación e mellora da rede de centros para os máis cativos; incentivar aos concellos para que participen na creación e adecuación de centros que atenden ao primeiro ciclo de EI; buscar fórmulas válidas para a atención educativa dos nenos que viven en zonas rurais. Ademais, o Educa3 impulsará medidas para fomentar a formación continua e a mellora da calidade, aumentando a oferta de ciclos formativos de técnico superior en EI; recoñecemento da formación das persoas con experiencia, así como o incremento de ofertas formativas tanto presenciais como a distancia.Como novidade, fomentará o intercambio de experiencias entre as Escolas Infantís e a súa participación en programas europeos.

Canto ás familias, o plan, contempla a realización dunha campaña de formación dirixida á cidadanía sobre os beneficios da escolarización nestas idades; así mesmo, elaboraranse materiais que faciliten a súa participación na vida da escola.

Teremos ocasión de comentar máis polo miúdo as accións e execución do plan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: