A nosa achega á educación infantil

Educar na casa

In InformArte on 01/02/2010 at 15:34

No xornal El Correo Gallego do domingo 31 de xaneiro lemos a noticia “Vinte familias galegas educan aos seus fillos na casa, sen ir ao colexio. Os pais optan por converterse en guías educativos para potenciar as capacidades persoais dos menores e por estar en desacordo co método da formación tradicional . Internet converteuse no aliado estratéxico para desenvolver os programas e acadar os certificados.”

En educación infantil, dado que non é unha etapa obrigatoria, non se detecta se un neno non é escolarizado. Os datos dos que se dispoñen indican que a día de hoxe en Galicia está escolarizado o 99% dos nenos e nenas de 3-6 anos, atribuíndose o 1% restante derivado de problemas como poden ser a distancia ao centro educativo (pola dispersión poboacional), enfermidade e outros como imposibilidade de compatibilizar horarios parentais e escolares.

Pero cando falamos do ensino básico e obrigatorio, hai familias que non escolarizan aos seus fillos por motivos como son evitarlles influencias negativas e a aprendizaxe de malas costumes ou violencia dos compañeiros; pola laicidade dos centros ou pola ausencia de formación relixiosa; pola carencia de vínculos afectivos profundos e distanciamento da vida familiar; ou pola pouca preocupación polos valores morais da escola.

O homeschooling ou ensinanza dos nenos en idade escolar no fogar está recoñecido e autorizado en países como Canadá, Australia, Francia, Inglaterra ou Estados Unidos onde millón e medio de nenos seguen esta opción porque os seus proxenitores “obxectan” da escola.

En España existe a rede Crecer sin escuela e a Asociación pola Libre educación que aglutinan familias que consideran que a educación no fogar é unha opción responsable e adecuada para os seus fillos. Fan seus e asumen moitas das críticas que Ivan Illich lle facía á escola: “A escola parece estar eminentemente dotada para ser a igrexa universal do noso mundo en decadencia …”, ou “A escola é un rito iniciatorio que introduce ao neófito á carreira sagrada do consumo progresivo.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: