XI Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra 2010

A cidade e as cidades será o fío condutor do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra 2010. E todo o que as cidades amosan e ocultan, o próximo e o distante; a veciñanza, a soidade, a posibilidade de coñecer… , as múltiples perspectivas desde as que se pode contemplar a cidade.

Desde o 7 de febreiro ao 14 de marzo o salón volverá a dar protagonismo aos escolares de máis de cincuenta centros. Nesta edición, homenaxearase ao escritor Agustín Fernández Paz.

Ao fío disto, venme á cabeza dúas secuencias didácticas recollidas no libro Medrando sans, de sentimento en sentimento, de emoción en emoción; a primeira é a que xorde do libro Cerca, na que se aborda a soidade, o illamento ao que nos sometemos as persoas malia estar rodeadas de xente; a segunda é a que parte do libro Unha chea de familias de Xosé A. Neira Cruz, na que evidencia o descoñecemento que temos das persoas coas que compartimos edificio, que viven tan preto e tan lonxe de nós…

Esperamos que no Salón haberá algunha mención ás cidades educadoras, o valor educativo das cidades. A Carta de Ciudades Educadoras recolle no seu preámbulo: “Hoy más que nunca, la ciudad, grande o pequeña, dispone de incontables posibilidades educadoras, pero también pueden incidir en ella fuerzas e inercias deseducadoras. De una forma u otra,la ciudad presenta elementos importantes para una formación integral: es un sistema complejo y a la vez un agente educativo permanente, plural y poliédrico, capaz de contrarrestar los factores deseducativos”.

Sobre isto volveremos máis adiante

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s