A nosa achega á educación infantil

Que tempo fai hoxe?

In EncienciArte on 31/01/2010 at 11:44

Unha das rutinas máis habituais das aulas de infantil é a observación do tempo atmosférico, así como a súa consignación. O web de MeteoGalicia  permítenos coñecer o tempo, as predicións a corto, medio e longo prazo nas distintas localidades de Galicia. Conta, así mesmo, cunha sección dedicada á educación, alí atopamos fotografías, vídeos, gráficos e definicións do clima atmosférico e da temperatura, do vento e as precipitacións, tormentas, arcos da vella, auroras, imaxes de satélite e ata curiosidades como récords meteorolóxicos, animais e meteoroloxía, datos recollidos nas estacións situadas nas MeteoEscolas, etc. Achegar ao alumnado a ferramentas e canles que lle permiten atopar información “real” que se corresponde coa realidade que están vendo cos seus ollos. As imaxes reais dificilmente se poden superar; atopar semellanzas entre o que lles pedimos que observen no ceo e os símbolos que empregamos para constatalo é, máis das veces, un acto de fe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: