O CSIC na escola

O CSIC na escola é un proxecto de colaboración entre o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e a Fundación BBVA. Neste proxecto investigadores e docentes traballan conxuntamente co fin de introducir e fomentar o ensino da ciencia desde as primeiras etapas da educación. É moi interesante descubrir como as nenas e os nenos, aplicando métodos estritamente experimentais, modifican as súas ideas previas e adquiren unha visión científica da natureza.

Desde fai algún anos, hai experiencias galegas de aplicación do programa CSIC en la escuela con nenos e nenas de educación infantil, e ademais ben recoñecidas, recentemente recolleron un premio nun congreso da institución en Granada. As docentes que o están a desenvolver amósanse totalmente entusiasmadas cando descobren que se pode ensinar ciencia a partir da observación de fenómenos cotiás, por medio de sinxelos experimentos. 

No web do CSIC pódense atopar experiencias sobre a flotación, o magnetismo, óptica e electricidade, entre outras, realizadas con alumnado de educación infantil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s