A nosa achega á educación infantil

Escolas infantís de San Miniato

In ActualizArte on 31/01/2010 at 12:05

Para situarnos, taxa de escolarización de nenas e nenos de 0-3 anos dun 40% (recordemos que o obxectivo da Axenda de Lisboa para o 2010 é dun 30%, que en Galicia e no resto do estado estamos un pouco lonxe de conseguir), traxectoria de 25 anos, implicación de toda a comunidade local na xestión e na organización dos servizos de atención á infancia, nun continuo diálogo entre o mundo adulto e a infancia…, certo, estamos a falar de escolas infantís do norte de Italia.

“San Miniato es una realidad única, pero no la única realidad, como tampoco es una realidad aislada, sino el reflejo fiel de la historia pedagógica y política de muchos ayuntamientos del Norte de Italia comprometidos con la educación y muy especialmente con la educación de la primera infancia. Todos se han convertido en laboratorios de una nueva forma de
entender la infancia, la educación, la escuela, la gestión y la política.”

Aldo Fortunati na obra, La educación de los niños como proyecto de la comunidad  narra a experiencia da escolas infantís de San Miniato, inspiradas nas grandes ideas pedagóxicas de Loris Malaguzzi,entre outros. O seu contido expón a tradición do último terzo do século XX nos concellos italianos.

No web La Bottega di Geppetto. Centro di Ricerca e Documentazione sull´Infazia, pódese acceder a fotografías, documentación, programas formativos, visitas e publicacións das escolas da comunidade de San Miniato.

Aínda que é difícil pensar no futuro sen velo a través dos ollos das nenas e dos nenos, decote a infancia non está no centro dos proxectos da política, e isto é unha grande contradición. Porén, un bo proxecto de educación e de futuro, pasa primeiro pola afirmación da conciencia sobre a identidade e potencialidade da infancia e a continuación precisa de fortes alianzas para non perderse na simple retórica sobre os seus dereitos. Fai falla que os seus proxectos se vexan compartidos, tanto a nivel social e político, como a nivel técnico e de práctica cotiá do traballo cos nenos e coas familias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: